Fervello

Sobre Nós

Cultura, Creatividade e Teatro ao Servizo da Comunidade

En Fervello cremos firmemente na importancia da cultura para o desenvolvemento persoal e comunitario. Por este motivo, a nosa empresa, dedicada á promoción e xestión de eventos culturais, pretende converterse nun referente á hora de ofrecer servizos integrais de contratación de actividades vinculadas ó teatro e ás artes escénicas.

Dentro do noso catálogo, contamos cunha ampla variedade de propostas que buscan adaptarse ás necesidades de empresas, institucións educativas, asociacións e entidades públicas. Entre os servizos que brindamos están: sesións de narración oral, visitas dramatizadas, cursos intensivos de teatro, actividades de team building e micro pezas teatrais personalizadas.

Desde Fervello ofrecemos unha serie de propostas predeseñadas, pero tamén brindamos a posibilidade de que estas experiencias sexan creadas especificamente en función dos intereses e obxectivos dos potenciais clientes/as. O noso enfoque á hora de proxectar as actividades apóiase na crenza de que o teatro non só é unha forma de entretemento, senón tamén unha ferramenta poderosa para a educación e o desenvolvemento social.

Un Equipo Profesional Comprometido co Teatro e a Formación

O equipo de Fervello está conformado por profesionais con ampla experiencia nas diferentes ramas das artes escénicas, e cun extenso percorrido no ámbito pedagóxico. Un grupo de expertos/as que ofrecen orientación ó cliente/a para configurar propostas á súa medida.

O noso obxectivo é crear experiencias únicas dirixidas a audiencias de tódalas idades. Buscamos achegar o teatro tanto a escolares como a adultos/as, aproveitando tódalas posibilidades que nos ofrece para a divulgación, e para cultivar habilidades como a creatividade, a comunicación e o traballo en equipo.

Desde Fervello cremos que non se trata tan só de facilitar o acceso a diferentes propostas artísticas, senón tamén de fomentar a cultura en diferentes ámbitos, contribuído así ó enriquecemento da sociedade.

Contacta

Queres crear unha experiencia cultural única? Fálanos da túa idea.