Narración Oral
Buscades un plan entretido e diferente co que amenizar a xornada e esquecer a rutina? Non vos perdades a nosa actividade de contacontos! Chamádenos para que nos acheguemos a compartir con vós unha chea de relatos que farán voar a vosa imaxinación: Contos tradicionais, aventuras de animais, lendas sobre recunchos máxicos da nosa xeografía, historias para promover o respecto á diversidade, relatos para conmemorar unha data concreta ou para poñer en valor a algún personaxe destacado, e moito máis.
A nosa actividade de narración oral pode ir orientada tanto a nenos/as e público familiar, como a adultos/as. Escollede a temática dos contos dentro do noso catálogo, ou encargade historias feitas a medida. Os relatos cobrarán vida a través das voces dos nosos narradores/as profesionais.
Compartide con nós esta experiencia de proximidade na que a palabra e a imaxinación son as protagonistas. Se os seres humanos levamos desde a antigüidade contándonos historias, por algo será.






