Fervello

Micro pezas teatrais personalizadas

Desde Fervello ofrecemos a posibilidade de encargar pequenas pezas teatrais personalizadas, para abordar temáticas concretas. Estes espectáculos breves poden funcionar de xeito autónomo, ou formar parte do programa de conferencias, feiras ou outros eventos públicos. Algúns exemplos de contido son:

 

  • Feitos históricos sinalados. A través de pequenas obras de teatro, facemos posible a divulgación de acontecementos transcendentes dun xeito ameno, combinando información con entretemento.
  • Vida de personalidades destacadas: artistas, científicos, activistas… As nosas micro pezas non só renden homenaxe ó seu legado, senón que tamén exploran as súas loitas, e repasan os seus triunfos e fracasos persoais.
  • Temáticas sociais ou culturais. O teatro é unha ferramenta útil para abordar cuestións relevantes na sociedade actual, como a igualdade de xénero, o coidado do medio ambiente, a diversidade cultural… A partir do entretemento, as nosas historias buscan convidar á reflexión e o diálogo.

As micro pezas, cunha duración de entre 15 e 20 minutos, son creadas por un equipo de dramaturgos/as e directores/as experimentados, e levadas a escena por actores e actrices profesionais.

 

Ponte en contacto con nós para que deseñemos a obra que estás buscando!