Team Building a través de actividades teatrais
A arte dramática é unha ferramenta moi útil para desenvolver a habilidade de traballar en grupo, e para mellorar as relacións interpersoais dentro do mesmo. Deste xeito, posibilita unha maior cohesión dos equipos de traballo.
As nosas actividades teatrais orientadas ó team building inclúen improvisacións nas que as persoas participantes teñen que reaccionar rapidamente a cambios inesperados, como acontece acotío no entorno laboral. Estes exercicios non só potencian a creatividade, senón que incentivan a colaboración co grupo, e melloran a capacidade de resolución de conflitos.
Tamén traballamos con pequenas escenas nas que as persoas asistentes deben asumir diferentes personaxes. Deste xeito, son convidadas a afrontar unha situación tendo en conta as distintas perspectivas, unha actitude que no día a día favorece a comprensión e a empatía entre compañeiros.
Ademais do anteriormente mencionado, o teatro é moi eficaz para exercitar as habilidades comunicativas, porque exixe que as persoas participantes escoiten activamente, e require que se expresen con claridade, competencias esenciais no entorno laboral.
Contacta con nós para que o teu equipo desenvolva todas estas aptitudes a través de diferentes dinámicas lúdicas que crearán un ambiente de confianza, e fortalecerán a relación entre os membros do grupo.






