Visitas Dramatizadas en Localidades
As nosas visitas están deseñadas para achegarse á historia e ós espazos dun xeito diferente, da man de actores e actrices que encarnan ós personaxes que algún día habitaron os emprazamentos escollidos.
Esta actividade está deseñada para tódolos públicos, e busca combinar a divulgación histórica e cultural co entretemento. Para preparar as visitas lévanse a cabo exhaustivas investigacións, garantindo que os datos sexan reais e contrastados. O obxectivo é que as persoas asistentes coñezan o noso legado cultural e histórico a través de entretidas representacións, que inclúen curiosidades e anécdotas que talvez non atopen en guías turísticas tradicionais.
Ofrecemos diferentes modalidades de visitas:
- Percorridos polas rúas da localidade revelando os segredos que agochan as fachadas das súas edificacións, e amosando a maxia e a historia dos seus recunchos destacados.
- Recreacións de feitos históricos significativos en diferentes puntos da aldea, vila ou cidade.
- Dramatizacións centradas en poñer en valor a vida dalgún persoeiro destacado do lugar, representadas nos espazos que habitou e percorreu.
Se queredes dar a coñecer a vosa localidade e ós seus veciños/as máis importantes dun xeito diferente, contactade con nós. Organizaremos unha destas visitas dramatizadas orientadas á divulgación da cultura e dos eventos significativos que pasaron á historia e moldearon a nosa sociedade actual.






